As residencias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar seguen levar malas notas na avaliación dos seus menús por parte dos usuarios. Desta forma, e a pesar de contar con cociñas propias, a comida que se serve é comida de cátering para ser reconstituidos en fornos das propias residencias. Ademais, as e os traballadores destes centros insisten na necesidade de contratar máis persoal ante a acumulación de carga de traballo.