A escritora e académica da Real Academia Galega Marilar Aleixandre atende a Galiciapress para falar de feminismo, do papel da muller nas letras ou dos episodios machistas que sacudiron recentemente á USC.
A dedicación do Día das Letras a unha muller é unha mostra máis de que a presenza feminina na cúpula cultural galega avanza, aínda que a súa segue sendo moi minoritaria, por exemplo na Real Academia Galega.