Farano a través da campaña 'Comparte e recicla', que se centra en recoller e doar xoguetes usados
A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou este xoves un catálogo de Nadal que, con máis de cen propostas de agasallos en galego, busca recoñecer o papel das empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico.
Os atascos no tráfico internacional de mercadorías, a escaseza de enerxía e o consecuente aumento dos custos e unha previsible alta demanda pola recuperación económica poden provocar unha tormenta perfecta que lastre a capacidade de compra de moitas familias para as próximas festas do Nadal.
Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, atende a Galiciapress para explicar as dificultades ás que se enfrontan os consumidores para atopar xoguetes en lingua galega, uns produtos que, segundo o último informe realizado pola Mesa, representan só o 0,69% do mercado fabricante de xoguetes.