Regala en galego este Nadal: A Mesa presenta o catálogo con libros, xogos, discos, roupa...de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou este xoves un catálogo de Nadal que, con máis de cen propostas de agasallos en galego, busca recoñecer o papel das empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico.
Desde un bolso até galletas, pasando por xoguetes, viños, roupa e un sinfin de produtos que figuran no último catalogo da Mesa pola Normalización Lingüística enfocado ás compras do Nadal.
Desde A Mesa lembran que "non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galicia".
A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou este xoves un catálogo de Nadal que, con máis de cen propostas de agasallos en galego, busca recoñecer o papel das empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico.
Segundo sinalou a plataforma nun comunicado, este catálogo, que forma parte do proxecto 'Abertos ao Galego', que certifica o compromiso coa normalización do galego en empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole.
Nesta liña, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, sinalou que "como consumidores están a porse en valor" a lingua, cultura e economía galega. Así, insistiu en que "todas as decisións" que se toman como consumidores "teñen implicacións".
Ademais, Maceira explicou que "non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galicia".
Deste xeito, o catálogo conta cunha serie de motivos polos que apoiar un consumo responsable en galego, entre os que destaca "recibir unha atención máis personalizada e máis próxima". Así mesmo, faise fincapé en que "apostar por estas empresas, é apostar pola creación de postos de traballo en Galicia".
O catálogo, ao que xa se pode acceder de forma gratuíta, repartirase este fin de semana en Pontevedra dentro do marco da feira Culturgal.
Escribe o teu comentario