El Corte Inglés e a Fundación Crecer Jugando darán unha nova vida aos xoguetes usados
Farano a través da campaña 'Comparte e recicla', que se centra en recoller e doar xoguetes usados
El Corte Inglés uniuse á campaña 'Comparte e reclica', que chega da man da Fundación Crecer Jugando, para recoller xoguetes nos seus centros e darlles así unha nova vida en mans de nenos en situación de risco social. A novidade deste ano da campaña son os xoguetes inclusivos, que se adaptan a nenos con diversidade funcional.
A compañía renovou así o convenio de colaboración coa Fundación, como leva facendo desde 2015, que se traduce en diversas accións. Por unha banda, entre o 23 de xuño e o 16 de xullo, El Cortes Inglés e os hipermercados Hipercor recollerán os xoguetes que depositen os clientes e empregados que así o desexen nos colectores Ecotic. Estes estarán situados na planta de xoguetes de El Corte Inglés ou nas entradas de Hipercor e algúns Supercor.
Durante a campaña, a Fundación Crecer Jugando xestionará a recollida de xoguetes nos almacéns centrais e aqueles que estean en bo estado serán doados a organizacións benéficas e reciclando os que non están aptos para o seu uso.
El Corte Inglés, pola súa banda, colaborará coa doazón de máis de 22.100 xoguetes novos e contribuirá ao sostemento económico da campaña de maneira variable en función dos quilos de xoguetes recolleitos.
Na anterior edición da campaña, El Corte Inglés recolleu máis de 125.000 quilos de xoguetes e doou máis de 3.500 xoguetes novos como parte desta iniciativa.
Escribe o teu comentario