O pensamento supremacista teno claro, China cede, polo menos aparentemente, a tanto desmán por que non vai facelo España?
O día anterior á convocotoria de folga, realizada o día 2, nas redes circulara un suposto cartel nunha tenda de Inditex na que se advertía que non ían abrir ese domingo. Algo que puido soliviantar ao Goberno Chinés.Suposto cartel nunha tenda de Inditex dicindo que non ía abrir o día da folga | weibo 看看新闻在现场 DAR EXEMPLO AMEAZANDO A ZARA O regimen escollería ao grupo de Amancio Ortega -unha das marcas máis coñecidas no mundo- para lanzar unha seria advertencia a todas as empresas que operan no xigante asiático: aqueles que mostren simpatía polos manifestantes poñerán en perigo os seus negocios en China.
"Zara nunca apoiou as folgas e nunca publicou ningunha declaración relacionada con isto ou accións relacionadas", declaran desde Inditex como resposta a as informacións da prensa estatal chinesa que apuntaban ao posible apoio dos seus traballadores ás manifestacións convocadas polos estudantes