Advertencia de China a Inditex: "Zara non debería caer en serios xuízos erróneos"

O día anterior á convocotoria de folga, realizada o día 2, nas redes circulara un suposto cartel nunha tenda de Inditex na que se advertía que non ían abrir  ese domingo. Algo que puido soliviantar ao Goberno Chinés.Suposto cartel nunha tenda de Inditex dicindo que non ía abrir o día da folga | weibo 看看新闻在现场 DAR EXEMPLO AMEAZANDO A ZARA O regimen escollería ao grupo de Amancio Ortega -unha das marcas máis coñecidas no mundo- para lanzar unha seria advertencia a todas as empresas que operan no xigante asiático: aqueles que mostren simpatía polos manifestantes poñerán en perigo os seus negocios en China.


|

Ata tres artigos críticos con Zara publicou The Global Times este martes, día en que a empresa galega viuse forzada a desvincularse publicamente das protestas pro-democráticas de Hong Kong. The Gobal Times é o diario que actúa como portavoz do Partido Comunista Chinés (PCC) e en gran medida os seus puntos de vista reflicten as estratexias do goberno de Xi Jinping.


A máis explícita das pezas é un editorial titulado "Zara non debería caer en serios xuízos erróneos" publicada onte martes. Ese mesmo día o portavoz oficioso do PCC publicou unha noticia sobre que "Zara enfróntase a un boicot chinés despois do seu suposto apoio á folga en Hong Kong" e outra máis crítica por a súa "superficial" resposta ás críticas.


A orixe da escalada de tensión parece ser outro artigo dun diario local Ming Pao no que se informaba que só una das varias tendas de Inditex no territorio abriu durante a xornada de folga. O día anterior á convocotoria de folga, realizada o día 2, nas redes circulara un suposto cartel nunha tenda de Inditex na que se advertía que non ían abrir  ese domingo. Algo que puido soliviantar ao Goberno Chinés.


Zara pechar chinesa


Suposto cartel nunha tenda de Inditex dicindo que non ía abrir o día da folga | weibo 看看新闻在现场


DAR EXEMPLO AMEAZANDO A ZARA

O regimen escollería ao grupo de Amancio Ortega -unha das marcas máis coñecidas no mundo- para lanzar unha seria advertencia a todas as empresas que operan no xigante asiático: aquellos que mostren simpatía polos manifestantes poñerán en perigo os seus negocios en China. Ameaza que non é baladí para a empresa de Arteixo, pois China representa tras España o seu principal mercado, con 620 tendas.


Zara, que sempre evita meterse en polémicas mediáticas, esta vez tivo que dar a cara e rapidamente. Fíxoo a través de Weibo, unha popular rede social chinesa na que rendeu pleitesía á soberanía chinesa sobre Hong Kong e clamaba que xamais apoiou as manifestacións prol-democracia. Unha resposta que pareceu non convencer de todo ao PCC, pois o China Daily destacou os seus caracter livián e que se limitase só a unha rede social con impacto en China.


Non é a primeira vez que Inditex vese obrigada a recorrer a Weibo para dar explicacións aos chineses. En febreiro deste ano tivo que pedir desculpas tras utilizar unha modelo chinesa con pencas para os seus lanzamentos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE