O hospital do SERGAS en Verín, o hospital do SERGAS en Valdeorras e a central da Axencia de Doazón de Órganos de e Sangue en Santiago de Compostela. Estes son algúns dos clientes do sector público de EME Seguridade en Galicia, segundo fontes da Federación de Traballadores da Seguridade Privada consultadas por Galiciapress. Unha compañía que arrastra problemas de liquidez e denuncias por falta de pagamentos aos seus empregados.