Carlos Lage, da comisaría de Ferrol, é o novo líder do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, asumindo a dirección que deixa Roberto González despois dunha década á fronte. Lage atende a Galiciapress para pór sobre a mesa a necesidade de ser declarados profesión de risco, chave para ter unha mellor xubilación, dous aspectos que hoxe están lonxe pola ausencia de diálogo co Goberno central.