Galicia

Veciña de Cortegada de 26 anos confesa o asasinato dun home que coñeceu por internet, ao que incinerou e enterrou
A muller de 26 anos de idade, veciña de Cortegada (Ourense), investigada tras afirmar nunha consulta de psiquiatría no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que queimara o cadáver dun home ao que coñecera a través de Internet, confesou este mércores que o matou.
Os contactos estreitos con positivos non necesitarán gardar corentena se contan coa pauta completa​

Saúde Pública anunciou a súa decisión a pesar de que ata o de agora, sempre que existise sospeita ou a confirmación de que o caso positivo podería estar relacionado coa variante surafricana, os contactos coa cepa ómicron debían gardar corentena con independencia do número de dose coas que contasen na súa ficha médica.

(VÍDEO) Así soa 'Terra', a canción coa que Tanxugueiras compite contra outros 14 temas por ir a Eurovisión
Radiotelevisión Española (RTVE) publicou as 14 cancións que competirán o próximo mes de xaneiro no Benidorm Fest, a preselección española de Eurovisión 2022, e xa se poden escoitar os temas completos, que sairán nas plataformas dixitais ao longo da semana.
Non haberá máis restricións covid en Galicia polo Nadal con esta evolución, adianta a Xunta


A decisión final tomaraa, en teoría, o comité do luns, pero o presidente acábase de mostrar contrario a máis limitacións.

Non garantir a equidade na Lei do Audiovisual "hipoteca o futuro da lingua durante 20 anos", afirma A Mesa

Galiciapress charla con Marcos Maceira, presidente da Mesa, que traslada a súa decepción por un texto que considera "insuficiente" e "frivolo" por non recoller a demandas que a plataforma leva tempo perseguindo desde a 'Iniciativa Xabarín'.

Unha nova agresión LGTBIfóbica en Vigo provoca unha concentración de protesta ante o museo Marco
O colectivo LGTBI participará nunha concentración convocada para este martes ante o museo Marco, situado en Vigo, tras unha "agresión LTGBIfóbica" e en apoio á vítima.
Detido en Vigo logo de case arroiar a peóns e axentes na súa fuxida drogado, sen carné e con quilos de cobre no maleteiro
Un home de 38 anos domiciliado en Vigo, M.S.M., foi detido tras conducir sen carné, en dirección contraria e baixo efectos das drogas despois dunha persecución policial na cidade.

 

Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, positivo por Covid-19
O alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, deu positivo en covid-19.


Non hai dous sen tres: o monfortino Eduardo Iglesias regresa ao Dakar por terceiro ano consecutivo


O piloto galego, que finalizou no posto 53 a pasada edición, regresa á proba co obxectivo de seguir mellorando os seus rexistros en Arabia Saudita.


Galicia confirma xa unha ducia de casos da variante ómicron ao sumar outros tres na área de Vigo​
Os casos da variante ómicron elévanse a 12 en Galicia, tras confirmarse tres novos na área de Vigo, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ante os xornalistas na visita ao centro de saúde de Vos Mallos.


José Tomé considera que é hora de que Alcoa "mova ficha": "Creou o problema e ten que axudar a resolvelo"

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, considera que a multinacional americana do aluminio Alcoa debe "mover ficha" respecto a a planta de San Cibrao, en Cervo (Lugo), xa que, ao seu xuízo, é a compañía quen "creou o problema e ela teñen que axudar a resolvelo.


Pelexa a cinco por ser a Palabara do Ano 2021: 'Tanxugueiras', 'vacinódromo', 'coada', 'gromo' e 'resiliencia'
A RAG e a Fundación Barrié abren este martes a fase de votación popular e darán a coñecer o termo gañador antes de que termine o ano
Covid por concellos: Ourense parece alcanzar o seu pico de casos activos cun gran descenso hoxe

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a evolución da cidade de Ourense comeza a dar síntomas de chegar ao seu tope, tendo en conta que no últimos seis días só rexistrou un repunte. Esta xornada, sen ir máis lonxe, lanza unha variación de -41 casos, a maior da comunidade.

​(VÍDEO) Un surfeiro ourensán cóase no TOP5 de modelos do mundo na clasificación de models.com

Trátase de Anselmo Menéndez, un mozo de 25 anos nado na cidade auriense pero afincado na Coruña que se converteu cos anos nun dos modelos máis mediáticos do planeta.

A Policía Nacional atopa e devolve a campá roubada da igrexa de San Pedro de Leixa, en Ferrol​
Axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón lograron recuperar a campá da igrexa parroquial de San Pedro de Leixa, en Ferrol, que fora roubada a finais do pasado mes de novembro.


As obras do CHUS durarán polo menos tres anos, estima o alcalde Bugallo: "Haberá que convivir coas obras"​
O alcalde ten a "intención" de levar a pleno a aprobación dos orzamentos para mediados de xaneiro


As esquerdas galegas a procúraa dun novo perfil

A vía heterodoxa, que lidera Ana Pontón, que busca "ampliala base social" e converter ao BNG "no partido galeguista do século XXI", o que necesariamente lle obriga a unha modulación das estratexias históricas e unha actualización dos discursos para así atraer ao electorado que se quere gañar, pero sen que estes movementos teñan que supoñer necesariamente grandes renuncias a longo prazo.

Garda Civil fora de servizo impide o roubo en Noia de 2.500 euros a unha muller co método do tirón

Un home foi detido en Noia (A Coruña) como presunto autor dun delito de roubo con forza por subtraer a unha muller de vez unha bandoleira na que levaba case 2.500 euros que procedía a ingresar nun caixeiro automático.

Deteñen en Noia ao ladrón 


Accidente mortal nas Pontes: morre un mozo de 20 anos nunha saída de vía que calcinou o coche​
Un mozo de 20 anos faleceu na madrugada deste sábado nas Pontes (A Coruña) ao sufrir unha saída de vía co seu vehículo, que terminou calcinado despois de declararse un incendio.



Un morto e catro persoas socorridas nun incendio que devorou unha casa nas Neves​
Un home morreu na mañá deste sábado tras declararse un incendio nunha casa das Neves (Pontevedra) que deixou outras catro persoas afectadas pola inhalación de fume.



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE