Os vixiantes de Mersant Seguridade regresan este venres ás rúas pola falta de pagamentos da compañía

Os empregados sofren a falta de pagamento das súas nóminas e concentraranse este 21 de xaneiro ante o Concello da Coruña, na Praza María Pita.


|

Os empregados sofren a falta de pagamento das súas nóminas e concentraranse este 21 de xaneiro ante o Concello da Coruña, na Praza María Pita.


Coas mobilizacións os vixiantes tratan de “concienciar” ás administracións públicas, ás que prestan servizo, da súa situación desesperada.


Manifestación de traballadores de seguridade Mersant diante da Xunta

Protesta de empregados de Mersant ante a Xunta


Como xa ocorreu o pasado venres, este 21 de xaneiro os traballadores de Mersant Vixilancia, convocados pola Federación de Traballadores de Seguridade Privada da USO (FTSP-USO), protestarán nas rúas galegas pola falta de pagamentos que veñen sufrindo. Nesta ocasión, a diferenza da semana pasada, que o fixeron ante a sede da Xunta en Santiago de Compostela -para a que prestan servizo-, concentraranse na Praza María Pita.


A protesta comezará ás 11 horas, fronte ao Concello da Coruña, onde tamén operan os traballadores de Mersant. “O Concello da Coruña mantén contratos de seguridade coa mercantil Cen a Estación de Autobuses, Quiosco Alfonso e a Biblioteca Durán Loriga”, sinalan desde a FTSP-USO.


Na isma liña, piden aos clientes da compañía “que se involucren para buscar unha solución á situación que están a vivir estes traballadores, e que inicien todos os trámites legais necesarios para a rescisión de contratos con esta empresa incumplidora e adxudiquen estes servizos a outras empresas solventes do sector da Seguridade Privada”.


De igual maneira, lembran os case 3 millóns que Mersant debe a Facenda, “ademais de non estar ao corrente coas súas obrigacións coa Seguridade Social”. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE