Fiat Chrysler

Confirmada a fusión de PSA Citroën con Fiat, que prometen non pechar plantas como a de Vigo

Os grupos automobilísticos PSA e Fiat Chrysler Automobiles (FCA) acordaron os termos do acordo de fusión e só falta que o trato reciba o visto e prace dos consellos de administración das compañías, segundo publicou este mércores 'The Wall Street Journal'.De acordo ás fontes consultadas polo diario estadounidense, o consello de administración de PSA xa aprobou o acordo, mentres que a reunión do consello de FCA aínda estaba en progreso.O presidente de FCA, John Elkman, pasaría a ser o presidente da nova compañía, mentres que o conselleiro delegado sería Carlos Tavares, actual presidente de PSA. O resto do consello de administración estaría composto de seis membros do grupo dono de Peugeot e cinco procedentes da compañía propietaria de Fiat.Como parte do trato, PSA pagaría 3.000 millóns de euros aos seus accionistas procedentes da venda dunha parte de Faurecia.

A posible fusión de PSA Citroën con FIAT Chrysler preocupa aos traballadores de Vigo
Sindicatos de PSA Peugeot Citroën en Vigo pediron este mércores "cautela" despois de que o grupo automobilístico haxa confirmado a existencia de negociacións con Fiat Chrysler Automobiles (FCA) para unha posible fusión entre ambas as compañías, pero mostraron o seu temor a que esta operación supoña o peche de "algunha fábrica".

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE