José Carreira Villamor, decano da Facultade de Medicina, explica, en conversación con Galiciapress, que non ve práctica a apertura dunha nova facultade para a formación de profesionais médicos. Sobre este punto, considera que actualmente se están cubrindo as necesidades do sistema sanitario galego con 400 estudantes ao ano. Aposta pola excelencia, na mellora ano a ano na formación dos profesionais médicos. É por iso que defende o actual 'concerto' da Facultade de Medicina co SERGAS, polo cal se reparten os estudantes para a súa formación práctica. Aínda así, considera moi importante a mellora en áreas como a "simulación" de intervenciobes e subir o cociente de profesores-alumnado
Os estudantes de medicina da Universidade de Santiago de Compostela non van tomar un só apuntamento máis a partir deste 5 de novembro. Representantes da Asemblea Aberta de Medicina, plataforma convocante da folga, atenden a Galiciapress para profundar nas súas reivindicacións, onde a incompatibilidade de horarios, as prácticas oficiais ou o trato irrespetuoso dalgúns docentes son os motivos para esta folga que obriga aos futuros médicos de Galicia a colgar momentaneamente bátalas brancas e poñerse o mono de traballo para cambiar a súa carreira.