Medicina da USC apoia finalmente a descentralización

A xunta da Facultade de Medicina acordou apoiar o acordo adoptado no Consello de Docencia Clínica --no que están representadas a Xunta e as universidades-- a finais de novembro para descentralizar o grao, de forma que se imparta tamén en Vigo e A Coruña.


|

Archivo - Facultad de Medicina de la Universidade de Santiago de Compostela (USC).
 

Esta decisión tomouse este xoves tras unha reunión extraordinaria da xunta que se celebrou na propia Facultade de Medicina e que iniciou durante o mediodía e que se estendeu até media tarde.

Así, tras o debate optouse pola votación en urna do acordo con tres opcións posibles: a favor, en contra ou en branco. Deste xeito, o acordo aprobouse con 64 votos a favor, 21 en contra e catro en branco.

Este acordo produciuse de face á sesión extraordinaria do Consello de Goberno da USC, convocada para este venres cun único punto na súa orde do día: a aprobación, se procede, do convenio entre as Consellerías de Sanidade e Educación coas tres universidades para a descentralización do grao.

Cabe lembrar que o calendario aprobado polo Consello de Docencia Clínica establece a descentralización progresiva da docencia, tanto teórica como práctica, de 4º, 5º e 6º curso do grao de Medicina, que se aplicará de forma progresiva durante tres cursos.

Cando finalice a aplicación do acordo, no curso 2028/29, o tres últimos cursos do grao en Medicina impartiranse ao completo nas cidades de Santiago, Vigo e A Coruña. Durante este tempo, as outras dúas universidades comprométense a aprazar a petición formal dunha titulación propia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE