O Exército de Irán informa de que volve impor restricións ao tránsito polo estreito de Ormuz, unha zona crave para o comercio mundial de hidrocarburos. Segundo o comunicado difundido pola radiotelevisión pública iraniana, IRIB, a decisión responde ao que considera un incumprimento por parte de Estados Unidos dos termos do cesamento do fogo alcanzado o 8 de abril.
A firma Visual Trans alerta do severo impacto que o conflito bélico terá sobre as rutas comerciais aéreas e marítimas. A compañía defende o uso de ferramentas dixitais avanzadas non só como unha vantaxe competitiva, senón como un mecanismo esencial para garantir a viabilidade do transporte de mercadorías nunha contorna de guerra.