elecciones municipales

A oposición destaca que a enquisa apunta a un retroceso do PP en case todas as cidades
Os líderes dos partidos da oposición en Galicia valoraron de forma dispar os resultados da enquisa de Sondaxe publicada este domingo, aínda que tanto desde En Marea como desde o Partido Socialista coincidiuse en destacar o retroceso do PP-
Enquisa para as eleccións locais: os gobernos de esquerda sobrevivirían salvo nunha cidade
As eleccións municipais do 26 de maio consolidarían o liderado de Abel Caballero (PSdeG) en Vigo e de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) en Pontevedra, pero xeraría escenarios incertos no resto, ante a leve baixada das Mareas e a posibilidade de que o PP recuperase Ferrol, e con socialistas e nacionalistas consolidando e mellorando levemente resultados na maior parte das corporacións..
Polo menos dúas Mareas distintas nas municipais lucenses

EQUO, Podemos e Esquerda Unida negocian para unirse para as eleccións municipais.

Os candidatos do PSdeG na Coruña irán a unha segunda volta

O portavoz municipal José Manuel García e a candidata Inés Rey veranse as caras nunha segunda volta por ser o candidato socialista nas eleccións municipais da Coruña. Doutra banda, as candidaturas do PSdeG en Ferrol e Ourense xa son oficiais, do mesmo xeito que en Narón, Marín e Redondela. 

Ciudadanos nega contactos con Manuel Martínez: "Nunca tería cabida nun partido como C's"

Ciudadanos desmentiu que mantivese "contacto algún" co alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e deixou claro que "comportamentos como o seu nunca terían cabida nun partido" como a súa formación.

‘Ferrol en Común’ anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais

O alcalde Jorge Suárez asegurou que o seu grupo irá a por a reelección con “toda a forza e cun programa de esquerdas”.

Ana Pontón: "Cada día é máis evidente que BNG e En Marea son proxectos diferentes"

Considera que o Bloque debe recuperar o peso perdido en cidades e "entrar con forza" nas corporacións de Vigo e Ferrol. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE