Enquisa para as eleccións locais: os gobernos de esquerda sobrevivirían salvo nunha cidade

As eleccións municipais do 26 de maio consolidarían o liderado de Abel Caballero (PSdeG) en Vigo e de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) en Pontevedra, pero xeraría escenarios incertos no resto, ante a leve baixada das Mareas e a posibilidade de que o PP recuperase Ferrol, e con socialistas e nacionalistas consolidando e mellorando levemente resultados na maior parte das corporacións..

|

As eleccións municipais do 26 de maio consolidarían o liderado de Abel Caballero (PSdeG) en Vigo e de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) en Pontevedra, pero xeraría escenarios incertos no resto, ante a leve baixada das Mareas e a posibilidade de que o PP recuperase Ferrol, e con socialistas e nacionalistas consolidando e mellorando levemente resultados na maior parte das corporacións.























Segundo a enquisa de Sondaxe para A Voz publicada este domingo e recollida por Europa Press, na Coruña, Santiago e Ferrol as Mareas, que actualmente gobernan sufrirían un leve revés, transformado nunha baixada de concelleiras, que podería deixar diferentes consecuencias.


En Santiago, Martiño Noriega, de Compostela Aberta, caería de 10 a 8, aínda que podería manter a alcaldía ante hipotéticos apoios ou pactos con forzas de esquerdas, ao conseguir o PSOE uno máis, 5 edís e o BNG os 2 actuais. O PP baixaría un representante ata o 8 pero, en cambio, irrompería a formación Vox con 2 edís.


Unha situación similar produciríase na Coruña, onde o rexedor de Marea Atlántica Xulio Ferreiro tamén sufriría o desgaste da lexislatura e perdería tres concelleiros --quedaría con 7--, a mesma cifra que obtería, cunha leve subida, o PSOE. As dúbidas quedarían, por tanto, ante a loita pola alcaldía nun suposto empate. O PP tampouco rendibiliza a baixada da Marea coruñesa e baixaría de 10 a 9 concelleiros.


O mapa máis complexo de todas as cidades volvería estar en Ourense, a única cidade galega con alcalde do PP a día de hoxe e que se deixaría un representante nas urnas de maio, ata quedar con 9. Democracia Ourensá baixaría ata os 6 concelleiros e o PSOE subiría un edil (7), mentres que Ourense en Común manteríase (3) e irrompería Cidadáns con 2. Unha corporación que podería repetir así o complicado goberno en minoría do PP, se non se confirman pactos.


En Lugo, a actual alcaldesa socialista, Lara Méndez, subiría un concelleiro e pasaría dos oito actuais a nove, pero necesitaría recorrer a Lugo Novo (baixaría de 3 a 2) e ao BNG, que subiría de dous a 3, nunha corporación na que descende o PP (de 9 a 8) e na que irrompería Vox cun concelleiro. Cidadáns sumaríase de novo á corporación mantendo os seus dous representantes.

E por último Ferrol podería ser a única cidade que recuperase o PP, co ex alcalde José Manuel Rey Varela optando á alcaldía. Aínda que subiría ata os 12 concelleiros, quedaría a un da maioría absoluta, pero se Cidadáns repite cun representante podería alcanzar a alcaldía. Aínda así, sería cunha marxe moi estreita, porque a baixada dun concelleiro de Ferrol en Común (a 5) igualaríao co PSOE (5) e co BNG (2) deixaría ás forzas de esquerdas en 12.


VIGO E PONTEVEDRA

Caballero e Lores non só manterían as súas alcaldías senón que mesmo incrementarían os seus resultados. No caso de Vigo, o rexedor socialista obterían un concelleiro máis, ata situarse en 18, deixando ao PP con 5, á Marea de Vigo en 3 e o BNG en 2.


Unha situación similar rexistraríase en Pontevedra, con Lores, tras 20 anos de alcalde, obtendo 13 concelleiros, un máis, ante a baixada a 5 do PP, primeira forza da oposición. 


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez,

Jorge Suárez, alcalde de Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE