Tampouco axudamos os plumillas ao cuadraxésimo sexto dono do despacho oval, debuxando a caricatura dun señor maior, aí, paseando un yorkshire e durmindo nunha cama niño.
O presidente do Goberno de Estados Unidos e líder dos Demócratas ten 81 anos, cifra marca para calquera presidente do país norteamericano. Nos últimos meses a deterioración de Biden fíxose máis e máis evidente despois de catro anos na Casa Branca, onde cada vez son máis as voces que se inclinan por que o que fóra vicepresidente de Barack Obama dun paso ao carón.