Os documentos do expediente sobre o que os técnicos da Xunta concederon o permiso ambiental ao proxecto de Altri en Palas de Rei revelan o proceso polo que desde Augas de Galicia demandaron nun primeiro momento información adicional a Greenfiber, un feito que causou, en gran medida, a demora para coñecer as conclusións finais. Galiciapress fai un repaso á cronoloxía deste texto crucial e publica a resposta íntegra da filial de Altri coa que convenceu aos técnicos da Xunta de que o plan era medioambientalmente sostible, polo menos sobre o papel.