Camilo Franco é o director de Culturgal, a feira da cultura galega, ou como o prefire dicir: das culturas galegas. O encontro, que terá lugar desde o 29 de novembro ao 1 de decembro, será a plataforma para lanzar novos proxectos e propostas culturais en Galicia. De paso, este ano quérese abrir aínda máis a posibilidade de encontro entre numerosas propostas artísticias e o seu achegamento a un público máis amplo, sobre todo a un público máis novo
O escritor e xornalista cultural Camilo Franco estréase este 2023 na dirección da Feira das Culturas Galegas, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro en Pontevedra. Franco conta para Galiciapress as novidades e expectativas desta XVI Edición, para a que promete que haberá "máis eventos e menos exposicións".
Como novidade deste ano, hai unha xornada previa, o xoves, organizada só para os profesionais da cultura, que terán un pouco máis de espazo para intercambiar experiencias e facer negocios nunha cita que habitualmente está moi concorrida de público familiar.
A feira das industrias culturais, que acolle 130 actividades, espera o paso de máis de 15.000 persoas.
A primeira primeira cita para poñer en valor os programas de promoción do galego será o Culturgal, a principios de decembro.