Galiciapress entrevista a Antón Gómez-Reino (A Coruña, 1980), que volve ser cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos para o Congreso pola Coruña. O líder da formación violeta en Galicia xa obtivo escano nas pasadas eleccións. Reafirma o seu compromiso de “responder as demandas da cidadanía galega” e denuncia a intransixencia de Sánchez nas negociacións para formar un goberno. O delicado momento da industria galega, Cataluña e Carolina Bescansa son outros dos temas desta conversación, a cuarta das entrevistas electorais en Galiciapress, despois das dos candidatos de BNG, Cs e PP.
Ademais, con case todas as enquisas -salvo as da Voz- apuntando que non tiñan opcións de entrar no Congreso, é lóxico que ninguén que apostase polo voto útil outorgáselles a súa confianza.Con todo, a distancia é tan grande con En Común (a marca de Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo) que sería ingénuo pensar que este #28A non vai ter consecuencias no seo de En Marea.
Cidadáns e Vox logran por vez primeira presentar listas ao Congreso e ao Senado nas catro provincias galegas, o que pode contribuír a unha relevante fragmentación do voto da dereita. Algo que tamén pode suceder na esquerda rupturista, pois tanto En Marea como En Común tamén competirán nas catro circunscricións e nas dúas cámaras.