Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, presentou ante os medios as accións que teñen pensado a plataforma cidadá de fronte ao día 17 de maio, Día dás Letras no que se homenaxeará a Carvalho Calero nun ano atípico para poder levar a cabo estes festexos da maneira que merece unha das figuras máis influentes da literatura, a lingua e a cultura galega.
A plataforma cidadá Queremos Galego fai un chamamento a manter as mobilizacións do 17 de maio, Días dás Letras Galegas, desde as casas a través de diferentes formatos, ben colgando bandeiras e pancartas de xanelas e balcóns dos fogares ou empregando as redes sociais para compartir vídeos e fotos baixo as etiquetas '#PrecisamosDoGalego', '#QueremosGalego' e '#17demaio'.