O doutor Joám Evans Pim, coordinador das Brigadas Deseucaliptizadoras, e o biólogo e investigador Jonatan Rodríguez, atenden a Galiciapress para debullar a problemática que esconden a propagación das acacias por toda Galicia. Concretamente as mimosas e a acacia negra son dúas plantas invasoras que supoñen unha ameaza tanto para as especies autóctonas, pola súa “agresividade”, como para os humanos, por xogar un papel fundamental no novo réxime de incendios.
O sábado 26 a Brigada do Ribeiro deseucaliptizará unha parcela en Lentille, Cenlle. "É fundamental o compromiso dos titulares coa conservación dos valores naturais que se queren protexer e recuperar", subliñan desde a asociación.