boris johnson

​O estado de saúde de Boris Johnson empeora e é trasladado a unha Unidade de Coidados Intensivos

O primeiro ministro británico ingresou o pasado domingo nun hospital londiniense despois de varios días con síntomas persistentes do coronavirus. 

Boris Johnson, que se negaba a tomar medidas pola crise sanitaria, dá positivo por coronavirus

O primeiro ministro británico, forzado a tomar medidas preventivas despois do ascenso no número de casos, dá positivo na proba do coronavirus.


A enfermería galega, unha das ameazadas polas novas normas de emigración de Jhonson

O novo sistema migratorio contempla un modelo similar ao de Australia, no que os inmigrantes que queiran acceder ao territorio nacional para traballar ou estudar deberán superar un limiar determinado de puntos en base a diferentes criterios como o nivel de inglés,  a oferta de traballo ou estudos e outras condicións que dependerán da situación do mercado laboral.

Gañou o Brexit

Se se pode resaltar unha causa que puidese influír en maior medida na vitoria electoral inapelable de Boris Johnson e o seu Partido Conservador, esa foi o Brexit.

Boris Johnson executará o Brexit o 31 de xaneiro tras lograr una cómoda mayoría absoluta e defenestrar a Jeremy Corbyn

Trátase dos mellores resultados para os 'tories' desde a época de Margaret Thatcher. Boris ten agora as mans libres para consumar o Brexit.

5 claves para entender que cambia co novo acordo para o Brexit

Non hai backstop, pero o acordo para o Brexit non difire moito da suxerencia inicial da UE. Irlanda do Norte terá regulamentos e aranceis europeos. O parlamento británico ten que dar o seu visto e prace. Pero isto non está garantido.


O novo acordo do Brexit non trae boas noticias para a pesca galega

O pacto deste xoves entre o Reino Unido e a Unión Europea pode traer serias consecuencias para a industria pesqueira galega. Boris Johnson conseguiu unha das súas metas: a declaración política deixa claro, por vez primeira, que o Reino Unido é "estado costeiro independente". Segue sen estar claro se os buques galegos e doutras orixes deberán abandonar augas británicas o próximo 31 de outubro, como en todo caso pasará se ao final o Parlamento Británico ou o Europeo non ratifican o pacto.

A UE e o Reino Unido confirman que hai acordo sobre o Brexit

As bolsas soben e líbraa tamén cotiza á alza ao confirmase a noticia adiantada por Boris Johnson. Agora ben, o pacto debe pasar o filtro no Parlamento Británico.

Johnson di ao xuíz que pedirá a prórroga do Brexit e aos medios que xa veremos

O Primeiro Ministro, quen dixo que preferiría que morrer nunha gabia antes que pedir unha extensión, manda unha carta a un tribunal asegurando que cumprirá o mandato do Parlamento. Agora ben, á vez os seus portavoces alimentan os rumores de que buscará un truco para saltarse a obrigación de mandar unha carta á UE pedindo máis tempo se, como parece, non hai acordo antes da data límite. 

O Brexit complícase aínda máis ao declarar a Xustiza que o peche do Parlamento foi ilegal

As empresas pendentes dos seus negocios co Reino Unido, entre as que hai numerosos armadores galegos, deberán esperar aínda máis a que se aclare o complexo panorama político británico. A decisión do Tribunal Supremo deixa moi tocado a Boris Johson, que agora deberá mover peza. Tentar convocar eleccións ou pechar o Parlamento outra vez son algunhas das súas opcións.

​Preocupación na Xunta por como afectará un Brexit duro aos 15.000 galegos que residen en Gran Bretaña

Desde a Xunta de Galicia puxeron en marcha a creación dun grupo de traballo operativo de carácter interdepartamental para avaliar o “posible” proceso de saída de Gran Bretaña da Unión Europea e os seus efectos e incidencia no sistema económico, industrial, produtivo de Galicia, pero tamén o seu impacto sobre os 15.000 galegos que residen nas illas. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE