A enfermería galega, unha das ameazadas polas novas normas de emigración de Jhonson

O novo sistema migratorio contempla un modelo similar ao de Australia, no que os inmigrantes que queiran acceder ao territorio nacional para traballar ou estudar deberán superar un limiar determinado de puntos en base a diferentes criterios como o nivel de inglés,  a oferta de traballo ou estudos e outras condicións que dependerán da situación do mercado laboral.


|

O plan do Goberno Británico establece un complexo sistema por puntos, que favorece pero non garante a inmigración de certas profesións nas que hai escaseza nas illas. Nesa lista están hoxe en día profesións como enfermería, medicina ou psicoloxía. Miles de galegos traballan neses campos no sistema de saúde británico.

Os inmigrantes que queiran acudir a traballar ou estudar ao Reino Unido terano máis difícil a partir de 2021. Deberán acreditar un nivel de inglés suficiente e terán preferencia aqueles que teñan unha oferta de emprego ou académica.


ElprimerministrodelReinoUnidoBorisJohnson



O Executivo británico espera aprobar a nova lei de inmigración nos próximos meses, na que non se inclúe a posibilidade de dar permisos de traballo a persoas “pouco cualificadas” ou para “emprego temporal”.


”Durante demasiado tempo, un sistema migratorio distorsionado pola liberdade de movementos europea fallou á hora de cumprir coas necesidades dos británicos. A nosa proposta vai cambiar todo isto”, sinala este mércores 19 de febreiro o Goberno liderado por Boris Johnson.


”Necesitamos cambiar o foco da nosa economía para que deixe de asentarse sobre a man de obra barata de Europa e concentrarnos, en cambio, en investir en tecnoloxía e automoción. Os empregados deberán adaptarse”.


O proxecto de lei indica que os cidadáns europeos serán tratados igual que os do resto do mundo. A prioridade máxima será a de dar entrada a “as persoas máis cualificadas e con maior talento”, como enxeñeiros, académicos ou científicos.


Ademais, as ofertas de emprego que permitan a entrada no Reino Unido deben garantir un salario superior ás 25.600 libras ao ano (30.800 euros).


A ministra de Interior, Priti Patel, cualifica o novo sistema de control migratorio británico de “emocionante” e di que permitirá ao país “retomar o control “da súa política migratoria “por primeira vez en décadas”.


”Iso significa que teremos un sistema global que non discriminará entre os cidadáns europeos e non europeos, e significará basicamente que os mellores e os máis brillantes poderán vir ao Reino Unido e traer aquí o seu talento, que recoñeceremos cun sistema de puntos”.


O novo sistema migratorio contempla un modelo similar ao de Australia, no que os inmigrantes que queiran acceder ao territorio nacional para traballar ou estudar deberán superar un limiar determinado de puntos en base a diferentes criterios como o nivel de inglés,  a oferta de traballo ou estudos e outras condicións que dependerán da situación do mercado laboral. Deberán superar os 70 puntos para aspirar a solicitar un visado de entrada. 

.


Sistema de puntos proposto
Requisitos obrigatorios Puntos
Oferta de traballo do patrocinador aprobado 20
Traballo no nivel de habilidade apropiado 20
Inglés ao nivel requirido 10
Puntos por salario Puntos
£ 20, 480 – £ 23, 039 0
£ 23, 0 40 – £ 25, 599 10
£ 25, 600 ou superior 20
Puntos adicionais Puntos
Traballo nunha ocupación de escaseza 20
Doutorado en materia relevante para o traballo 10
Doutorado en materia STEM relevante 20

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE