Onte moitas dependentas de Inditex creron gañar a guerra co anuncio dun acordo da compañía con UXT e CC.OO. para alcanzar melloras de corte salarial, social e laboral, pero o certo é que a batalla comezou a decantar do seu lado moito antes e na Coruña.
A empresa fundada por Amancio Ortega e dirixida pola súa filla, Marta Ortega, abre o 25 de xaneiro un proceso de diálogo cos principais sindicatos estatais para abordar melloras salariais para os traballadores das tendas.