A Asociación de Nais e Pais do CEIP de Baamonde remitiu un escrito ao Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo no que denuncia que se están denegando as solicitudes de admisión para os alumnos de entre 3 e 5 anos de fronte ao curso 2021/22.
O peche dos colexios infantís e a redución de moitos servizos básicos é un mal que golpea con forza á Galicia interior. Este abandono do rural é o que sofren os usuarios do CEIP de Baamonde, onde a trintena de escolares que asisten a clase nesas instalacións ven forzados a pelexar por manter aberto un centro que o Concello de Begonte planea pechar.
A decisión do goberno municipal de pechar o centro escolar de Baamonde obriga a recolocar a unha trintena de alumnos.