Actividades e plans para este fin de semana en Galicia

Galiciapress trae as mellores actividades para este fin de semana na comunidade galega


|

Ilusionante 1
Imaxe do espectáculo Ilusionante / Foto: cultura.gal

Ilusionante: Este domingo, o ilusionista Pedro Volta presenta o seu show de maxia Ilusionarche, inspitado en películas e series como A casa de papel, Regreso ao futuro, Cazafantasmas ou Madalorian. Será no Carballiño no Auditorio Municipal Manuel María a partir das 18:00.

 

Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia: Esta exposición organizada pola Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura e comisariada por Zósimo López Pena e Henrique Neira Pena, pretende achega a aqueles que a visiten os fondos desta institución da memoria das orquestras que deixaron pegada na sociedade galega.

Belén electrónico de Begonte: O Centro Cultural José Domínguez Guzmán acolle o belén de Begonte, unha montaxe que leva realizar desde 1972. Cunha superficie de 150 metros cadrados poderemos visitalo até o próximo 28 de xaneiro.

 

Ou asasino do tango: O Teatro da Beneficencia de Pontevedra tráenos este sábado un espectáculo de música a cargo de Ensamble IULIUS XIII. Trátase dun concerto dedicado ao gran compositor arxentino Ástor Piazzolla, pouco despois de cumprir os 100 anos do seu nacemento. Trátase dun artista que hoxe segue suscitando gran polémica, xa que para algúns foi odiado no ámbito de música mentres para outros foi o un gran artista.

 

Corentena: Os humoristas galegos David Perdomo e Touriñán rescatarán algúns dos personaxes recorrentes dos seus vídeos en directo das noites de corentena, nos que, de maneira artesanal, con efectos e filtros, caracterizábanse e pretendían pasalo ben. Será este sábado ás 20:00 no Teatro Colón da Coruña por un prezo desde os 12 euros.

 

Cimas & Vaqueiro: Un espectáculo de humor da man destes dous humoristas españois chega a Vigo . Trátase dun espectáculo que combina a dous grandes mountros do humor nunca antes vistos nunha batalla épica. Será no Auditorio Mar de Vigo a partir das 20:30 deste sábado con entradas a un prezo desde 20 euros.

 

Ris Nivel: Baobab Teatro presenta este sábado a partir das 17:30 no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo un espectáculo familiar titulado Ris Nivel. Nesta obra, a palabra, as bromas e a tradición oral galega levarannos por unha viaxe de música, xogos, enredos e historias tradicionais. A entrada ao espectáculo será libre até completar aforamento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE