Ducias de familias de varios concellos están confinadas por mor dun brote de covid na nave de Avigal no Polígono Sete Pías de Cambados, a antiga planta da conserveira Guau. Do total de 96 diagnósticos, uns 50 son de traballadores e o resto familiares e outros contactos próximos. Unha sala de descanso para comer pode ser o foco dos contagios.