Varios pazos galegos poden ser multados por organizar vodas e banquetes irregularmente
A Xunta, a través da Axencia de Turismo, determinou iniciar expedientes sancionadores contra catro establecementos da provincia da Coruña "que albergan vodas e banquetes", segundo informa a Asociación Profesional de Autónomos, Emprendedores e Empresarios de Galicia (Ascega) tras a denuncia que presentou contra os mesmos por ofertar "determinados servizos sen a correspondente autorización".