Se nos fixamos nos feitos e non nas ocorrencias de quen dirixe un partido en Galicia que leva 16 anos sucesivos gobernando e moitos máis desde a democracia (todos menos 4), vemos que de verdade, o partido do NON é o PP que pensa máis nas grandes multinacionais e en facer de lobista das grandes corporacións, deixando sempre de lado os intereses de galegas e galegos. En abril do 2025 presentáronse no Parlamento Galego varias iniciativas que farían, de ser aprobadas, melloras na Calidade de Vida dos galegos: o PP votou NON a todas elas. O BNG presentou unha moción para, de forma expresa, “facer pública a totalidade das listas de espera do Sistema Público de Saúde, incluíndo as listas non estruturais”.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) sinala que nomear a Antonio Gómez Caamaño supón deixar a sanidade pública en mans dun "profesional hospitalario que dedica parte importante da súa actividade profesional a conseguir e xestionar recursos de alta tecnoloxía fabricados por empresas privadas"