Sería bo que Anquela, Carmelo do Pozo, Paco Zas ou a quen lle toque facelo, sente no vestiario xunto aos seus raparigos e, citando de novo a Manquiña, reconduza a situación cun sinxelo discurso: “Non estamos aquí para xogar aos xeroglíficos, un supoñer: estamos aquí para aclarar un par de conceptos”.
Os dous equipos galegos atravesan unha profunda crise de xogo que puxo contra as cordas aos seus dous adestradores, Fran Escribá e Juan Antonio Anquela, cabezas que poderían rodar o vindeiro domingo se con conseguen unha vitoria ante o seu público.