O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, volveu a referirse á necesidade de regularizar as prazas dos interinos "metidos pola porta de atrás" para incidir, en relación a un técnico da administración xeral no Concello de Ourense que "entrou provisionalmente e leva máis dunha década". "Hai xente que considera acoso dicir as verdades", sostivo.