Galiciapress entrevista a José Manuel Rey Varela (1975) que regresa á política municipal coa firme intención de recuperar a maioría absoluta, a primeira na historia de Ferrol, que o levantou á fronte do goberno local en 2011. Rey Varela é o exemplo de que o PP galego non empeza e acaba en Alberto Núñez Feijóo, cun programa que aspira a derrocar ao tripartito, estabilizar o emprego no sector naval e proxectar un novo Ferrol co seu plan de reordenación urbanística.