Piden axuda para localizar a Cristian, un mozo de 19 anos desaparecido en Vigo desde o luns
A última vez que foi visto levaba unha chaqueta vermella e pantalón escuro.
A Comisaría da Policía Nacional en Vigo recolleu nas últimas horas unha denuncia pola desaparición dun mozo de 19 anos de idade, do que non se sabe o seu paradoiro desde o pasado luns, 25 de agosto.
Fontes policiais confirmaron que se interpuxo denuncia e que se iniciaron as pescudas para saber onde pode estar o mozo, Cristian F.R.
Segundo a alerta difundida por SOS Desaparecidos, a última vez que foi visto, o mozo, de pelo escuro, 1,80 m e complexión delgada, levaba unha chaqueta vermella e pantalón escuro.
Escribe o teu comentario