As protestas, a única lingua que entende Educación? Reforzo no IES Valladares tras dimitir a súa dirección
O centro vigués contará con máis persoal despois das protestas da semana pasada, facendo recificar á Consellería.
Os ánimos están a lume vivo en colexios e institutos de toda Galicia. Un exemplo viviuse hai uns días no IES Valadares de Vigo, onde a dirección renunciou en bloque ante a negativa da Consellería de Educación a dotar de máis recursos ao centro. A medida adoptouse entre forte críticas á Xunta de Galicia, estimando que sen un reforzo de persoal a docencia aos alumnos con necesidades especiais sería practicamente imposible o próximo curso.
REFORZOS
Tras as protestas, e unha vez anunciado o novo equipo á fronte do centro vigués, o director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP na provincia de Pontevedra, César Pérez, mantivo un encontro co novo director, onde cristalizou o acordo para o reforzo de docentes que esixía a anterior dirección.
O novo director, que até agora era o xefe de estudos do centro, contará cun orientador máis o próximo curso, ademais dun especialistas en Pedagoxía Terapéutica, garantindo Pérez tamén "o cadro de profesorado que lle corresponde por catálogo segundo o número de alumnos" do centro olívico. Por outra banda, agora Educación estuda a posibilidade de ampliar a xornada completa a dedicación do docente de reforzo do Programa PROA.
RECORTES
Pérez considerou ao IES Valadares como "un referente de inclusión" en Vigo, aínda que só atenderon ás súas demandas cando os docentes pisaron o acelerador e encamiñáronse cara ás protestas. Desde CIG-Ensino Laura Arroxo trasladou esta mesma semana a este diario o apoio do sindicato á dirección do centro logo de que anunciase o seu cesamento e a outros moitos centros que demandan, como o vigués, un reforzo en persoal de PT e Ao (Audición e Linguaxe).
"As instrucións que nos achegaron desde Inspección e as publicadas pola Consellería restrinxe a atención de especialistas de Pedagoxía Terapéutica (#PT) e Audición e Linguaxe (Ao) aos nenos con Necesidades Educativas Especiais (NEE), e toma como algo moi excepcional a atención aos alumnos NEAE", subliñou Arroxo, que non dubido á hora de censurar á Xunta por non ter a atención á diversidade "entre as súas prioridades".
A itinerancia de docentes ou a masificación das aulas son outros dos puntos críticos que denunciou a CIG e que, se non hai un xiro drástico na Consellería, pode provocar que a volta ao cole vinga marcada por unha folga de profesores, tal e como xa contemplan sindicatos como a propia CIG ou STEG, mentres que o acordo para unha fronte ampla parece desdibujarse despois de que UXT, CC.OO. e Anpe desen por bos os primeiros pasos de Educación para rebaixar a cantidade de burocracia.
Escribe o teu comentario