Miguel Paz, profesor interino e secretario de Organización do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) atende a Galiciapress para analizar a convocatoria de dúas xornadas de folga na educación pública de Galicia os días 28 e 29 de outubro. Os motivos dos paros, onde destacan os cocientes e a deficiente atención á diversidade, a situación dos profesores substitutos, a "inoperancia da Xunta" ou a demanda do profesorado para alcanzar unha unidade de acción sindical son algúns dos puntos desta conversación sobre a que a Consellería de Educación debe tomar boa nota ante as constantes advertencias e a ameaza de que as presións sigan aumentando.
Tras unha primeira xornada de folga o pasado 24 de outubro, cun seguimento que os sindicatos estimaron no 70% en secundaria, os convocantes endurecen a súa postura.