(VÍDEO) Filman a un copiloto pola autovía en Vigo facéndolle "un calvo" aos outros coches

O vídeo, publicado pola conta de Twitter de Social Drive, acumula xa máis de medio millón de reproducións nunhas poucas horas.


|

Social drive
Foto: Social Drive

 

Con medio corpo por fóra do portelo do copiloto e en plena autovía, unha inconsciente manobra que foi captada por outros condutores cando ensinaba o cu polo portelo. As imaxes, captadas ao parecer en Vigo e difundidas a través da conta de Twitter de Social Drive, mostran a peripecia deste acompañante que, nin curto nin preguizoso, dedicou "un calvo" aos demais condutores do viario.

 

A conta non precisa nin a data nin a ruta na que se realizou a gravación, na que se pode ver a un home sacando as súas nádegas polo portelo, practicamente sentado sobre a abertura da porta do copiloto mentres o vehículo no que viaxa, un Volkswagen amarelo, circula a unha gran velocidade e adianta a outros turismos.

 

 

O vídeo, en cuestión dunhas poucas horas, acumula xa máis de medio millón de reproducións só en Twitter, pero as imaxes xa foron saltando de teléfono en teléfono por redes sociais nas últimas horas. Os comentarios, ademais de fixases na inadecuada conduta do infractor, apostilan outros elementos "curiosos" do vídeo, como a gorra de mariñeiro que leva o condutor do coche desde o que se filma esta particular escena. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE