Un mozo de 23 anos falece atropelado na Nacional 120 ao seu paso por Ponteareas

A Benemérita está a estudar as circunstancias do atropelo, que tivo lugar cando aínda era de noite na rúa Real, preto da Igrexa dos Remedios. 


|

Lugar del fallecimiento en Ponteares en una foto de la CRTVG
Lugar do falecemento en Ponteareas nunha foto da CRTVG


 

Un mozo de 23 anos, F.P.S., perdeu a vida ao sufrir o atropelo dun vehículo á altura do quilómetro 645 da N-120, ao seu paso por Ponteareas (Pontevedra).

O 112 Galicia recibiu o aviso duns particular minutos despois das 7,00 horas deste mércores. Este informaba dun atropelo na N-120, á altura da Igrexa dos Remedios.

A alerta trasladouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

O 061 ratificou que foi atendido un home de 23 anos, que resultou falecido no punto.

O 061 mobilizou persoal sanitario do punto de atención continuada (#PAC) de Ponteareas e dúas ambulancias.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE