Non só as redes condenan a Borja Gradua, Youtube tamén: pechado a súa canle de vídeos

Youtube, onde o polémico creador de contido aloxaba os seus vídeos, pechou a canle de Gradua tras o ocorrido no bar 'A tapa do barril' de Vigo.

 


|

Youtube, onde o polémico creador de contido aloxaba os seus vídeos, pechou a canle de Gradua tras o ocorrido no bar 'A tapa do barril' de Vigo. O mesmo con Twitch. 

 

Pola outra banda, o local vigués anunciou recentemente que emprenderá accións legais contra Gradua, como tamén valoran facer varios equipos de fútbol

 

Gradua empanadilla
Captura do vídeo de Gradua en 'A tapa do barril'

 

Como se adoita dicir, a broma vai saír moi cara. Se hai uns días falabamos da avalancha de agarimo que recibiron os traballadores do 'A tapa do barril' tras o polémico e viral incidente con Borja Gradua, agora é o youtuber o que se enfronta a unha avalancha, pero de consecuencias. Tras as feroces críticas recibidas desde a publicación do vídeo, Gradua viu como subían os seus detractores, minguaban os seus apoios e crecían os seus problemas. O último, talvez o máis doloroso para este creador de contido: Youtube pechou a súa canle.

 

Esta era unha medida demandada por moitos, que consideraban que a web non podía seguir aloxando os vídeos de Gradua. É de esperar que nas últimas horas multiplicáronse as denuncias reclamando o peche da canle, algo ao que accedeu Youtube. Twitch tamén fixo o propio. 

 

Gradua, pola súa banda, publicou vídeos pedindo desculpas -aínda que, cabe lembrar, en vídeos anteriores o modus operandi era o mesmo, finxindo pedir perdón para inmediatamente despois burlarse dos seus críticos- e denunciando o bullying que di estar a sufrir. 

 

A pesar de que, segundo as súas palabras, trátase dun perdón "sincero", o público non traga máis mentiras deste polémico influencer desenmascarado máis dunha vez, que pronto se podería ver envolto nun ou varios procesos penais.

 

XUÍZOS CONTRA GRADUA?

Desde 'A tapa do barril' xa se mostraron dispostos a levalo ante a xustiza pola campaña de desprestixio que sufriron por parte de Gradua, que pretendía comer gratis no local, arrinconó a unha traballadora e ameazou con pasarlles unha factura de miles de euros, e os seus seguidores. Nun dos últimos vídeos, Gradua asegura que o local o contratou e que todo era unha artimaña orquestrada polo bar. Desde 'A tapa do barril' negan isto. 

 

Gradua en Riazor
Captura dun vídeo de Gradua coándose en Riazor

 

Pode non ser a única citación que reciba, xa que varios clubs de fútbol, entre eles o Celta de Vigo e o do Deportivo da Coruña, valoran emprender accións similares, xa que o youtuber compartía vídeos seus coándose en varios estadios de fútbol. A Real Sociedade xa iniciou este proceso. O que ri último...

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE