Trasladada unha menor ao hospital tras ser rescatada nunha piscina de Monforte
Até alí desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, finalmente trasladou á menor ao Hospital de Monforte.
Unha menor de idade foi trasladada ao hospital este domingo tras ser rescatada da auga nunha piscina situada en Monforte de Lemos.
Tal e como trasladou o 112 Galicia no seu boletín informativo, ao redor das 18.00 horas un alertador particular chamou pedindo auxilio para a menor, que se atopaba nunha piscina do Club Fluvial.
Segundo o seu testemuño, a pequena caeu á auga, pero conseguiron sacala "rapidamente", sen que fose necesaria a intervención de equipos de rescate. Con todo, empezaron a practicarlle a reanimación.
Até alí desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, finalmente trasladou á menor ao Hospital de Monforte.
Escribe o teu comentario