A Xunta reforza o Servizo de Axuda no Fogar e reclama maior implicación do Estado

Fabiola García anuncia un aumento “histórico” do financiamento autonómico para o SAF, que permitirá a Teo recibir 650.000 euros máis en tres anos. A conselleira critica ao Goberno central por non achegar o 50% dos fondos que marca a lei.


|

La conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visita una residencia de mayores en Santiago.
 


A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, para explicar o novo acordo entre a Xunta e a #Fegamp, que eleva o financiamento autonómico do Servizo de Axuda non Fogar. No caso de Teo, a achega aumentará en 650.000 euros até 2028, dentro dun modelo que subirá a axuda por hora de servizo até os 18 euros.

 

Segundo García, a Xunta destinará 150 millóns de euros ao conxunto dos concellos, asumindo así o 50% do custo. A conselleira destacou que o reforzo permitirá atender a máis persoas dependentes e aliviar a carga económica dos concellos.

 

Críticas ao Goberno central e defensa do modelo galego
García reprochou ao Executivo central non financiar o seu parte en materia de dependencia, o que cifrou nunha débeda de 2.900 millóns. Tamén rexeitou o recurso do Goberno contra a norma galega que vinculaba discapacidade e dependencia, admitido a trámite polo Tribunal Constitucional.

O SAF, que beneficia a máis de 25.000 usuarios galegos, considérase un alicerce do sistema público de coidados e un dos servizos máis demandados polas familias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE