Os termómetros de Calvos de Randín alcanzan os 5,2 graos baixo cero, a temperatura máis baixa de Galicia
A provincia de Ourense conta estes días coas temperaturas máis baixas de Galicia
Calvos de Randín rexistrou esta madrugada as temperaturas máis baixas de toda Galicia: 5,2 graos baixo cero.
Segundo os datos solicitados por Meteogalicia , a provincia de Ourense concentra estes días as marcas mínimas máis baixas. A Calvos de Randín séguenlle Baltar, con -4,4ºC e Viana do Bolo, con -2,6ºC. Tamén ao redor dos -2,5ºC está a localidade pontevedresa de Lalín.
A previsión do servizo meteorolóxico é que Galicia recupere este domingo a influencia anticiclónica. Así o ceo presenta nubes e claros con posibilidade de chuvascos ocasionais no norte de Lugo durante a mañá.
As temperaturas mínimas descenden lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, forte en mar aberto entre Estaca de Bares e a Costa da Morte.
Escribe o teu comentario