Borracho ao volante e en plena Praza do Obradoiro, lugar de encontro de miles de peregrinos
Os feitos ocorreron o pasado domingo nunha zona onde a presenza de axentes é constante. O condutor deu positivo en alcoholemia.
Axentes da Policía Local de Santiago localizaron o pasado domingo a un condutor que circulaba pola Praza do Obradoiro e que deu positivo en alcoholemia.
Segundo informou o corpo policial, os feitos sucederon pouco antes das 21.00 horas do domingo. Tras observar que un vehículo entraba na praza, os axentes decidiron someter ao condutor á proba de alcoholemia.
O resultado do test foi positivo en vía administrativa, polo que a Policía tramitou a multa correspondente e levantou acta de inmovilización do vehículo.
Escribe o teu comentario