A xuíza nomea un perito para investigar posible fallo no cable en accidente mortal do rocódromo de Santiago
O xulgado número 1 de Santiago de Compostela comezou a instrución do caso pola morte dun escalador no rocódromo The Other Climb da capital de Galicia. Arnau Brossa Gonzalo faleceu este fin de semana tras pasar máis dun mes en estado crítico na UCI do hospital CHUS da cidade.
Fontes oficiais da Administración de Xustiza indican que o xuíz María Paz Filgueira designou un perito independente para que redacte un informe sobre as circunstancias da caída. Por agora, parece que ningunha persoa foi chamada a declarar en calidade de investigada.
Pola súa banda, portavoces da Policía Nacional en Santiago confirman que remitiron ao xulgado o seu informe, tras tomar declaración ás testemuñas e realizar unha inspección técnica na nave do Polígono Costa Vella de Santiago.

As conclusións do perito independente poden resultar claves para determinar responsabilidades, no seu caso. Cando sucedeu o accidente, a principal hipótese que se comunicou foi algún problema no dispositivo sujección, un groso cable de seguridade que, por algún motivo, puido fallar aquel tráxico 17 de xuño. Un dos aspectos que deberá abordar o perido o estado de conservación do cable, do arnés e dos colchóns que roedan as paredes de escalada.
Escribe o teu comentario