GFS Security, con 300 empregados en Galicia, entra en "quebra técnica", segundo a FTSP-USO
A compañía, encargada da seguridade en empresas como Reganosa ou mesmo no CHUO, acumula unha débeda por encima dos 300.000 euros, segundo comunica o sindicato.
O diagnóstico que fan os sindicatos é que GFS Secutiry Group atópase a UCI e cunhas constantes vitais que non convidan o optimismo. A situación agora mesmo é tan alarmante na que desde a Federación de Traballadores da Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) recomendan ás sociedades con contrato coa firma de seguridade que fagan unha “retención de facturacións e rescisión de contratos con adxudicación a outras empresas solventes”, xa que a “quebra técnica” da compañía é inminente.
A compañía de seguridade, de orixe valenciana, conta xa cunha débeda de máis de 300.000 euros aos seus empregados, correspondentes aos salarios e acordos xudiciais “formalizados nos últimos meses sobre débedas anteriores”, sinalan desde o sindicato. Un exemplo son os salarios que aínda deben logo de asumir o contrato de Prosetecnisa en Galicia.
“A situación agravouse nas últimas semanas, cunha severa falta de liquidez tras a adquisición da compañía por parte dun fondo de investimento de dubidosa solvencia, o cal foi creado hai só tres meses”, sinalan desde a FTSP-USO. Tamén desde a #CIG argumentaron hai uns días que a escusa da compañía era esta suposta venda para xustificar os atrasos.
300 EMPREGOS EN RISCO
Na mesma liña, subliñan que GFS “tampouco deu cumprimento aos acordos alcanzados cos traballadores para facer fronte ás diferentes débedas”. Por todo isto, o organismo sindical alerta aos clientes da compañía que reteñan as facturas para “tentar garantir o abono das nóminas aos traballadores”, ademais de rescindir os contratos de GFS para adxudicalos a “empresas solventes do sector”.
As empresas que poderían ver afectadas son Reganosa ou Bioetanol Teixeiro, ademais de servizos públicos como o Complexo Hospitalario de Ourense. Ante o escenario actual, o sindicato considera “pouco probable” que GFS poida remontar o voo, deixando nunha situación moi comprometida aos 300 traballadores da empresa en Galicia.
“VÉNDEO TODO E SE MARCHA”
Polo relato que achegan traballadores da compañía a Galiciapress non pode considerar, nin moito menos, unha noticia sorprendente, xa que vai na liña do modus operandi da dirección da empresa. Segundo comunican a este diario traballadores que prefiren manter o anonimato, o responsable non é outro que o xerente de GFS Scurity, José Andres Escoms Isona, ao que acusan de "cambiar os mandos da compañía á súa muller", Ahinoa Vercher Martínez, en varias ocasións.
De feito, Vercher Martínez figuraba como administradora única de GFS Secutiry desde maio de 2019 até hai un mes, cando se realizou un cambio na administración que figura no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil do pasado 19 de maio.
Este cambio de mans é, segundo afirman, "unha práctica habitual", que tal e como comprobou este diario polos expedientes do Rexistro Mercantil de Valencia dáse noutras empresas onde os dous están relacionados, como 'Gabriela E Javier Patrimonial S. L.' e en 'GFS Fire & Services S.L.', onde Escoms Isona foi administrador único das firmas desde febreiro de 2019 até marzo de 2022, momento no que asumiu os cargos Martínez Vercher, pasando a ser o ex administrador único como apoderado.
Este baile de nomes deuse en varias ocasións na propia GFS Secutiry desde a súa fundación en 2012 e os traballadores denuncian que agora non se experimentou unha venda, senón que se trata doutro intercambio de man a man. Entre tanto, os persoais sofren as consecuencias cando isto pasa.
"Coacciona aos empregados. Dilles: 'Se queres cobrar, pódoche subrogar, pero con estas condicións'. E si non aceptan, deixan de pagarche sen máis explicacións", comentan fontes dos traballadores. Tamén argumentan que nesta clase de situacións o que fan desde a dirección é "vender os activos físicos: vehículos, herramnietas...véndeno todo, e logo realizan o cambio de nome".
SANCIÓNS DE INSPECCIÓN DE TRABALLO
Tamén os traballadores valencianos están sen cobrar pero, ao ser poucos, non poden estar articulados dentro dun sindicato, e tampouco poden denunciar a falta de pagamentos até psado un mes para poder presentar a demanda. Non é o único escándalo no que se ve inmersa a compañía, xa que en Galicia foi sancionada en máis dunha ocasión por Inspección de Traballo.
Recentemente, as actas levantadas contra GFS teñen lugar tras as denuncias presentadas pola CIG polas "represalias" que tomou a firma contra dous traballadores do servizo de control de accesos ás instalacións de Reganosa e Forestal de Atlántico e por incumprimentos do convenio colectivo. Por estes motivos, o sindicato galego anunciou dúas xornadas de mobilizacións: unha o pasado 16 de xuño, en Reganosa; outra este venres 23 de xuño na sede de Gadisa en Betanzos.
Escribe o teu comentario