Cincocentos estudantes de secundaria participan no concurso para coñecer o patrimonio natural galego
Preto de 500 estudantes de 464 centros de Secundaria de toda Galicia participaron cos seus vídeos na primeira edición do concurso ParqueVibras, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para achegar á mocidade ao patrimonio natural galego.

Dirixido a alumnado de 3º e 4º de ESO, a proposta consistía en facer vídeos orixinais para Instagram, TikTok ou Youtube centrados e inspirados nalgún dos seis parques naturais galegos.
Aínda que a temática dos vídeos tiña que estar relacionada coa Rede de parques naturais de Galicia, os participantes tiveron liberdade para xestionar os contidos, que poden incluír imaxes dalgunha ruta peonil, bailes, gráficos ou memes, entre outros elementos.
O concurso foi presentado en decembro de 2024 e o prazo para participar finalizou en marzo. Así, a próxima semana darán a coñecer aos 12 finalistas.
Todos os vídeos participantes nesta primeira edición do concurso ParqueVibras recibiron, até o momento, máis de 22.000 visualizaciones nas tres redes sociais e preto de 8.000 gústasme.
Escribe o teu comentario