Estrélase en plena autovía e abandona o seu coche á altura de Rianxo

O coche foi abandonado polo seu ocupante ou ocupantes tras sufrir unha saída de vía e encaixar contra un terraplén. 


|

Bomberos boiro
Foto:  ADC Bombeiros Boiro 

 

De quen é este Chevrolet Aveo abandonado na autovía do Barbanza? Non será difíl atopar ao seu propietario e, posiblemente, último condutor, xa que o vehículo apareceu completamente buxán na vía, aparentemente logo de sufrir un sinistro na estrada á altura de Rianxo e en dirección Ribeira

 

Todo parece indicar que o suceso tivo lugar preto da medianoite do martes ao mércores. Foron varios os condutores que deron a voz de alarma polo coche accidentado no carril exterior. No entanto, ao chegar os bombeiros, comprobaron que non había ninguén no interior do vehículo

 

Os ocupantes do coche, aparentemente, abandonaron o turismo, talvez para non ser identificados no caso de que consumisen sustancias prohibidas ou que os seus niveis de alcol en sangue fosen moi superiores aos permitidos. En calquera caso, isto non lles librará dunha multa se as autoridades logran esclarecer o ocorrido, que por agora apuntan a unha saída de vía, golpeando a varanda e saír da calzada até chegar a un terraplén.

 

O coche, que presenta danos de consideración, foi atopado polos efectivos do corpo de bombeiros de Boiro xunto a axentes da Garda Civil e o persoal do servizo de mantemento da autovía.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE