Primeiros billetes de Avlo á venda en Galicia para viaxar a partir do 22 de xullo

Máis de 8.000 billetes á venda a partir dun prezo inicial de 7 euros.


|

Archivo - Presentación del nuevo servicio ferroviario de Renfe AVLO.
Arquivo - Presentación do novo servizo ferroviario de Renfe AVLO.

 

Os despachos de billetes de Renfe botan fume. O anuncio da posta en venda dos primeiros billetes para os novos Avlo a Galicia puxo aos viaxeiros á busqueda dun ticket que teñen un prezo desde os 7 euros para as viaxes que comezarán a partir do 22 de xullo nunha campaña que se prolongará até as viaxes con límite do 30 de setembro. 

 

Serán máis de 8.200 billetes para "todas as orixes e destinos do corredor". "Estes servizos prestaranse cos novos trens S106 de Renfe de rodaxe desplazable e con 581 prazas, que son os convois con maior capacidade de viaxeiros por tren que circulan actualmente pola rede nacional", detallan desde o Ministerio de Transportes, onde se congratulan deste "debut" na comunidade galega que contará con "dous servizos Avlo diarios" e que conectarán Galicia e Madrid. 

 

"Alternarán as súas orixes e destinos entre Vigo-Madrid (martes, xoves e domingos) e A Coruña-Madrid (luns, mércores, venres e sábados), con paso por Santiago de Compostela", explican, con paradas tamén na Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, ademais de en Segovia, Medina del Campo, Zamora e Sanabria
 

"O resto da oferta comercial entre Galicia e Madrid mantén as súas frecuencias actuais, aínda que con algunha leve modificación horaria en tres  renes (Madrid 18:25-Ferrol 0:04, A Coruña 19:30-Madrid 23:03 e Madrid  20:23 - Ourense 22:37", indica o Ministerio. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE