Un ferido durante o incendio dunha cociña nun ático de Boiro

Os feitos ocorreron durante a celebración das festas locais no municipio barbancés.


|

Bomberos de boiro
Foto: Bombeiros de Boiro

 

Un home resultou ferido e tivo que ser evacuado tras declarar un incendio na cociña da súa vivenda, situada na estrada xeral de Escarabote, en Boiro (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o lume, que tivo lugar ás 22,15 horas da noite do domingo, iniciouse na cociña, ocasionando danos na campá extractora e nalgún moble da mesma.

Foi un particular o que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para dar conta dun lume no ático dun edificio de tres plantas. Na súa chamada, indicaba que non sabía si habería persoas no seu interior.

Con esta información, os xestores do CIAE 112 Galicia deron conta do incendio aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Boiro.

Tamén se informou do sucedido ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargaron do trasladado do ferido ao centro hospitalario de referencia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE